• 2025-05-12 14:19:34
    CULTURA E LECER

     FESTA DO GALEGO
    17 DE MAIO LETRAS GALEGAS 
    GRAN ROMERÍA DAS LETRAS

    Adro da igrexa de Fruíme

    A programación comezará ás 11:00 horas cunha exposición sobre a vida e obra de Zernadas de Castro, seguida ás 12:30 horas da tradicional ofrenda floral diante do busto do Cura de Fruíme e dun concerto da Banda de Música de Lousame. Ás 13:30 horas terá lugar unha homenaxe ás cantareiras locais, coa actuación das Pandereteiras da Uned Senior e da Asociación Cultural O Son do Pote.
    Pola tarde, a partir das 16:00 horas, o adro da igrexa acollerá diversos obradoiros culturais para nenos e maiores. Ás 18:00 horas, a contacontos Raquel Queizás ofrecerá unha sesión especialmente dedicada aos máis pequenos. O broche final será ás 19:00 horas co espectáculo musical de Xoán Curiel, titulado “Treides Comigo – Alén”, unha proposta que mestura tradición e modernidade.



    Adjuntos: