• 2026-03-11 12:34:00
    CULTURA E LECER



    O auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave acollerá o vindeiro  Venres 20 de Marzo ás 19:30 H.  a charla “Alimentación e nutrición”, impartida por María Valiñas, enfermeira do centro de saúde de Lousame
    Trátase da segunda sesión do programa Coidando Lousame, posto en marcha por iniciativa da propia Valiñas en colaboración co Concello de Lousame para tratar sobre diversas cuestións relacionadas coa saúde.
    As charlas  son gratuítas e abertas a toda a veciñanza.
    Inscricións: https://backend.bandoticket.com/events/coidando-lousame-falemos-de-habitos-saudables-parte-ii
                         No Centro de saúde


    Agardámosvos!!



    Adjuntos: